sábado, 25 de abril de 2015

O corpo humano

        Acabamos de comezar un novo proxecto sobre o Corpo Humano. 
       Se queredes, na casa podedes buscar información coas nenas e nenos sobre os seguintes aspectos: 
      - Os cinco sentidos. 
      - Hábitos de vida saudables. 
      - O aparello dixestivo. 
      - O aparello respiratorio. 
      - O aparello circulatorio. 
      - O esqueleto.
      -  Outros. 
      A información que busquedes debe ser concreta e fácil de entender polos nenos/as, se vos animades podedes desenvolver algún destes aspectos con debuxos, imaxes, collages, murais, etc e mandala á escola para que a vosa filla/o llo explique ós compañeiros/as. Igualmente se dispoñedes dalgún outro material relacionado con este tema, radiografías, ecografías, DVD, contos, imaxes, láminas, etc, podedes mandalo á escola. 
      Todo o material que aportedes permanecerá na aula mentras traballemos este tema, despois levarano de volta para a casa. 
      Recordade, isto é algo voluntario, se o facedes facédeo disfrutando do tempo compartido e dos descubrimentos que fagades coas vosas fillas/os.

Ningún comentario:

Publicar un comentario